QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
A&MQUALITY é unha empresa dinámica con ampla experiencia, especializada en servizos avanzados de consultoría, auditoría e formación en calidade, medio ambiente, prevención de riscos laborais e lei de protección de datos (LOPD) en ámbitos de xestión empresarial privada e pública co fin de axudalos a mellorar os seus procesos e a rendibilidade, mantendo un equilibrio entre o beneficio económico, social e ambiental, achegando innovación e creatividade. A&MQUALITY asesora empresas de diversos sectores económicos, con moitos dos cales mantén na actualidade acordos de asesoramento permanente.

Para satisfacer os requisitos e esixencias dos clientes, A&MQUALITY conta con persoal altamente cualificado, de medios técnicos avanzados e cunha metodoloxía propia de traballo, todo iso avalado cun Sistema de Xestión de Calidade e Medio Ambiente certificado segundo as normas UNE-EN-ISO9001:2008 e UNE-EN-ISO14001:2004.