QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
A&MQUALITY ofrece a estudantes, técnicos, profesionais e directivos que desexen especializarse e adquirir coñecementos a través dunha ampla gama de accións formativas. Para facilitar a formación de traballadores en activo, A&MQUALITY, está rexistrada como Entidade Organizadora da FUNDACIÓN TRIPARTITA, co fin de xestionar as bonificacións a que teñen dereito todas as empresas para a formación dos seus traballadores.

Na xestión global dos programas de formación distínguense diferentes modalidades de formación:

> PRESENCIAL: contamos cun equipo docente especializado que se encarga da impartición destes cursos e, cunha ampla infraestrutura de aulas distribuídas por todo o territorio.
> A DISTANCIA: o alumnado realiza a formación de forma autónoma, guiado por materiais de estudo preparados polo profesorado e, coa oportunidade de comunicarse mediante correspondencia, teléfono ou mesmo reunións cara a cara.
> MIXTA: combina a metodoloxía de formación a distancia e a metodoloxía presencial.