QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
O OUTSOURCING ou externalización de servizos consiste en delegar a xestión dalgunha área ou actividade dunha organización a unha empresa especializada na devandita tarefa, permitindo, deste modo ás empresas centrarse no seu negocio e deixar que empresas externas especializadas desenvolvan actividades non principais para unha organización (a xestión dos sistemas de calidade, medio, prevención de riscos, custos, recursos humanos, etc.).

O outsourcing ou externalización persegue obter beneficios en:
> A planificación.
> Dispoñer de estruturas de servizo dinámicas e flexibles, adaptables aos ámbitos cambiantes.
> A redución de custos, convertendo custos fixos en variables.
> A mellora da eficiencia global.

En resumo, estas labores de Outsourcing ou externalización, levan asociadas consigo uns maiores niveis de eficacia nos traballos realizados, posto que son realizados por entidades experimentadas na materia e con persoal formado especificamente para iso.

O obxectivo final é a busca de valor engadido estratéxico nos servizos e garantir deste xeito que a empresa se poida centrar no que mellor sabe facer, dedicando toda a súa atención e os seus recursos.

Ao contrario do que se poida pensar, o Outsourcing ou externalización non está soamente relacionado coas grandes empresas, de feito, actualmente, é habitual que as pequenas e medianas empresas o utilicen nas áreas de fiscal, laboral, xurídica ou formación.