QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
CALIDADE
MEDIO AMBIENTE
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
SEGURIDADE ALIMENTARIA
SEGURIDADE DA INFORMACIÓN
I+D+i
RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL
PLANS DE IGUALDADE
LOPD
>> Memorias de Sostibilidade:
É o documento a través do cal unha organización informa acerca da súa aposta polo desenvolvemento sostible, é dicir, do seu desempeño en termos económicos, sociais e ambientais.
Co obxectivo de crear un modelo universal de Memorias de Sostibilidade, púxose en marcha en 1997 o Global Reporting Initiative (GRI) que obtivo como resultado a "Guía para a Elaboración de Memorias de Sostibilidade".
A&MQUALITY realiza Memorias de Sostibilidade en conformidade con GRI ou con metodoloxía libre de acordo ao tamaño e obxectivo de información do cliente.

>> SGE -21:
A SGE 21, Sistema de Xestión Ética e Socialmente Responsable, é a primeira norma europea que establece os requisitos que debe cumprir unha organización para integrar na súa estratexia e xestión a Responsabilidade Social.
Dito doutro modo, a SGE 21 é a primeira ferramenta que pon a disposición das organizacións unha sistemática enfocada á integración voluntaria das súas preocupacións sociais e ambientais nas operacións comerciais e nas relacións cos seus grupos de interese.
Unha mostra do valor engadido que achega ás organizacións a SGE 21 é que é a única norma que permite, de xeito voluntario, auditar procesos e alcanzar unha certificación en Xestión Ética e Responsabilidade Social.

>> SA 8000:
A SA8000 é unha certificación voluntaria a cal foi creada por unha organización estadounidense chamada Responsabilidade Social Internacional (Social Accountability International - SAI), co propósito de promover mellores condicións laborais. A certificación SA8000 baséase nos acordos internacionais sobre as condicións laborais, os cales inclúen temas tales como:
> Prohibición do traballo infantil e traballo forzoso. > Seguridade e saúde dos traballadores. > Liberdade sindical. > Dereito á negociación colectiva. > Xornada laboral e salarios xustos. > Eliminación de prácticas disciplinarias e discriminatorias

A certificación SA8000, básicamente establece condicións mínimas para alcanzar un ambiente de traballo seguro e saudable. O cumprimento dos destes requisitos pode contribuír a mellorar a produtividade, a calidade e axudar a recrutar e conservar aos traballadores.

Servizos RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL:
> Memorias de Sostibilidade
> SGE -21.
> SA 8000.