QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
CALIDADE
MEDIO AMBIENTE
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
SEGURIDADE ALIMENTARIA
SEGURIDADE DA INFORMACIÓN
I+D+i
RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL
PLANS DE IGUALDADE
LOPD
Calquera actividade empresarial que desexe ser sostible ten que ser consciente que debe asumir de cara ao futuro unha actitude preventiva, que lle permita recoñecer a necesidade de integrar a variable ambiental nos seus mecanismos de decisión empresarial.
O obxectivo global é apoiar a protección ambiental e a prevención da contaminación en equilibrio coas necesidades socioeconómicas. Os Sistemas de Xestión Medioambientais afectan a todos os aspectos ambientais da empresa co fin de mellorar o comportamento da empresa neste ámbito e as oportunidades de beneficio económico.
A lei de Responsabilidade Ambiental:
A Lei 26/2007 formúlase como unha normativa a través da cal as organizacións realicen un exercicio de reflexión canalizado cara á identificación daquelas actividades, procesos e substancias que puidesen xerar a potencialidade dun incidente ambiental.
Esta lei regula a responsabilidade dos operadores, que desempeñen unha actividade económica ou profesional, para previr, evitar e reparar os danos ambientais, de conformidade co artigo 45 da Constitución e cos principios de prevención e de que “quen contamina paga”.
O cumprimento da Lei é un proceso a realizar polas organización, as cales terán que analizar, segundo a actividade que desenvolven, os factores ambientais que inciden no medio que lles rodea, valorizar o custo da reparación do mesmo posterior a un impacto ambiental, e garantir mediante seguro ou aval o importe da devandita reparación.
A avaliación dos riscos ambientais levarase a cabo mediante a norma UNE 150008.

Servizos de medio ambiente:
> Implantación e mantemento de sistemas de xestión ambiental ISO 14001
> EMAS
> Diagnóstico ambiental e Revisión Ambiental Inicial
> Plans de minimización de residuos
> Estudos de impacto
> Asesoramento técnico e xurídico para a obtención da Autorización Ambiental Integrada (IPPC)
> Ecodiseño.
> Axendas locais (Axenda 21)
> Elaboración de plans de construcción e residuos de demolición
> Elaboración de plan de vixianza ambiental
> Consultoría especializada para a realización dun análise de risco ambientais según norma UNE 150008