QUENES SOMOS | CONSULTORÍA E AUDITORÍA | FORMACIÓN | EXTERNALIZACIÓN | OUTROS SERVIZOS | CONTACTO
CALIDADE
MEDIO AMBIENTE
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
SEGURIDADE ALIMENTARIA
SEGURIDADE DA INFORMACIÓN
I+D+i
RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL
PLANS DE IGUALDADE
LOPD
A Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, (LOPD), é unha Lei Orgánica española que ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra, intimidade e privacidade persoal e familiar. O seu obxectivo principal é regular o tratamento dos datos e ficheiros, de carácter persoal, independentemente do soporte no cal sexan tratados, os dereitos dos cidadáns sobre eles e as obrigas daqueles que os crean ou tratan. Esta lei é aplicable a todas as empresas e organizacións públicas ou privadas que almacenen, utilicen ou traten datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico e que os faga susceptibles de tratamento. A lexislación sobre Protección de Datos marca unha serie de límites á utilización dos datos persoais afectando a todas as empresas do noso país, xa que en maior ou menor medida todas tratan ou manexan datos de carácter persoal de persoas físicas (clientes, provedores, empregados, colaboradores, accionistas.).

SERVIZOS LODP:
> Alta e inscripción de ficheiros na AGPD
> Elaboración do documento de seguridade
> Auditoría LOPD